Santiago 2027

En UCIN Santiago queremos compartir coa veciñanza algunhas das nosas propostas para transformar Santiago de Compostela nunha cidade máis próxima, accesible, limpa, segura e pensada para todas as persoas. Un proxecto municipalista que nace da rúa, dos barrios e do rural, coa intención de escoitar, actuar e dar resposta aos problemas reais do día a día.

Nesta sección atoparás medidas e ideas centradas na mellora da mobilidade, da accesibilidade, do comercio local, dos espazos públicos, do benestar animal e da calidade de vida da veciñanza. Propostas realistas e útiles para construír un Santiago máis humano, moderno e equilibrado.

🔸 ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN

• Eliminación progresiva de barreiras arquitectónicas en barrios e rural.
• Plan integral de accesibilidade universal en rúas, parques e edificios municipais.
• Mellora das beirarrúas e pasos peonís.
• Máis bancos públicos e zonas de descanso.
• Transporte público totalmente accesible.
• Control real das prazas PMR.
• Oficina municipal de accesibilidade.
• Participación directa das persoas con discapacidade nas decisións municipais.
• Creación dun banco solidario de cadeiras, andadores, muletas e material de apoio.
• Auditoría de accesibilidade en centros socioculturais e instalacións municipais.

🔸 LIMPEZA E MANTEMENTO

• Plan de choque de limpeza nos barrios.
• Máis baldeos e limpeza diaria nas zonas con maior tránsito.
• Eliminación de vertedoiros ilegais.
• Mellora da limpeza nas entradas da cidade e no rural.
• Brigadas rápidas para incidencias veciñais.
• Plan de mantemento permanente de parques infantís e mobiliario urbano.

🔸 SEGURIDADE

• Incremento da presenza policial de proximidade.
• Mellor iluminación pública en zonas inseguras.
• Cámaras de seguridade en puntos conflictivos.
• Coordinación real entre Policía Local e veciñanza.
• Recuperación da sensación de seguridade nos barrios.

🔸 VIVENDA

• Promoción de vivenda pública e social.
• Apoio á mocidade para acceder ao alugueiro.
• Plan contra vivendas baleiras especulativas.
• Empresa municipal de vivenda.
• Rehabilitación de edificios abandonados.

🔸 BARRIOS E RURAL

• “UCIN Escoita”: encontros veciñais permanentes.
• Orzamentos participativos reais.
• Recuperación do rural compostelán.
• Melloras en pistas, iluminación e saneamento.
• Máis actividades culturais e deportivas nos barrios.
• Descentralización real do Concello.

🔸 MOCIDADE

• Axudas á emancipación xuvenil.
• Espazos de ocio alternativo.
• Impulso ao deporte base.
• Apoio ao emprendemento xuvenil.
• Actividades culturais accesibles economicamente.

🔸 COMERCIO E HOSTALARÍA

• Campañas de apoio ao pequeno comercio.
• Redución de trabas burocráticas.
• Dinamización comercial dos barrios.
• Axudas á modernización de negocios locais.
• Promoción do consumo local.

🔸 TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN

• Concello máis aberto e transparente.
• Publicación clara dos gastos municipais.
• Atención cidadá áxil e directa.
• Consultas veciñais sobre grandes proxectos.
• Fin dos despachos afastados da realidade da rúa.

🔸 CULTURA E IDENTIDADE

Defensa da identidade compostelá e galega.
• Máis apoio á cultura local.
• Eventos culturais descentralizados.
• Recuperación da vida nos barrios históricos.
• Santiago como capital cultural viva de Galicia.

🔸 ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

• Concello máis áxil e menos burocrático.
• Pago rápido a provedores e autónomos.
• Modernización dixital da administración.
• Traballo realizado, traballo pagado.

🔸 BENESTAR ANIMAL

• Xardín da Memoria Animal.
• Mellora do Refuxio de Bando cun modelo mixto público-privado.
• Axudas para esterilización de gatos en situación de rúa e reforzo do método CER.
• Casiñas para colonias felinas.
• Parques caninos dignos en todos os barrios e no rural.
• Máis espazos e servizos “pet friendly”, incluídos taxis e edificios municipais.
• Apoio ás protectoras e campañas contra o abandono.

🔸 AXENTE CIVÍCO

Unha figura próxima á rúa para:
• Informar e orientar á cidadanía e ás persoas visitantes.
• Mediar en pequenos conflitos de convivencia.
• Detectar incidencias nos barrios e no rural.
• Apoiar campañas de limpeza, reciclaxe e respecto ao espazo público.
• Colaborar coa seguridade desde a prevención e a proximidade.
• Axudar ás persoas maiores, turistas e persoas con dificultades de mobilidade..

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.