AFÍLIATE
Porque Santiago necesita algo diferente.
Porque durante anos vimos as mesmas promesas, os mesmos partidos e os mesmos problemas sen resolver.
Ao afiliarte a UCIN Santiago...
- Axudas a construír unha alternativa municipalista real.
- Participas activamente nas decisións do partido.
- Tes voz para propoñer ideas, proxectos e solucións para a cidade.
- Defendes os intereses da veciñanza por riba dos intereses partidistas.
- Formas parte dun equipo comprometido coa transparencia e a participación cidadá.
- Axudas a levar as necesidades dos barrios e do rural ás institucións.
- Contribúes a construír un Santiago máis accesible, máis limpo, máis seguro e con mellores servizos.
- Apoias un proxecto independente, libre de imposicións externas.
- Colaboras na creación dun programa electoral feito coa cidadanía e para a cidadanía.
- Convérteste en protagonista do cambio que Santiago necesita.

