SANTIAGO 2027
En UCIN Santiago queremos compartir coa veciñanza algunhas das nosas propostas para transformar Santiago de Compostela nunha cidade máis próxima, accesible, limpa, segura e pensada para todas as persoas. Un proxecto municipalista que nace da rúa, dos barrios e do rural, coa intención de escoitar, actuar e dar resposta aos problemas reais do día a día.
Nesta sección atoparás medidas e ideas centradas na mellora da mobilidade, da accesibilidade, do comercio local, dos espazos públicos, do benestar animal e da calidade de vida da veciñanza. Propostas realistas e útiles para construír un Santiago máis humano, moderno e equilibrado.

🔸 ACCESIBILIDADE E INCLUSIÓN
Accesibilidade para todas e todos: eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora de beirarrúas e pasos peonís, máis bancos e zonas de descanso, transporte accesible, control das prazas PMR, oficina municipal de accesibilidade, banco solidario de material de apoio e auditorías en edificios municipais.

🔸 LIMPEZA E MANTEMENTO
• Plan de choque de limpeza nos barrios.
• Máis baldeos e limpeza diaria nas zonas con maior tránsito.
• Eliminación de vertedoiros ilegais.
• Mellora da limpeza nas entradas da cidade e no rural.
• Brigadas rápidas para incidencias veciñais.
• Plan de mantemento permanente de parques infantís e mobiliario urbano.

🔸 SEGURIDADE
Máis seguridade para Santiago: incremento de Policía Local e Bombeiros, reforzo da policía de proximidade nos barrios e rural, grupo de resposta rápida, mellora da iluminación, cámaras en puntos conflitivos, coordinación coa veciñanza e recuperación da tranquilidade e convivencia en toda a cidade.

🔸 MOVILIDADE
Mobilidade sen colapsos: bus nocturno, tarifas máis accesibles, aparcadoiros disuasorios gratuítos, mellora de rúas e beirarrúas, carrís bici conectados, máis seguridade peonil, tráfico máis fluído, app municipal de mobilidade, transporte sostible e solucións para residentes, comercio e persoas con mobilidade reducida.

🔸 AXENTE CIVICO
- Axentes Cívicos Municipais: mediación veciñal, apoio a maiores e persoas vulnerables, orientación a visitantes, presenza preventiva en parques e zonas escolares, educación cívica, colaboración en eventos e coordinación cos servizos municipais para mellorar a convivencia, a proximidade e a calidade de vida en Santiago.

🔸 VIVENDA
- Vivenda para vivir en Santiago: empresa municipal de vivenda, alugueiro accesible para mocidade e familias, rehabilitación de edificios abandonados, promoción de vivenda pública e social, control dos pisos turísticos, residencias públicas para estudantes e colaboración con Xunta, Estado e Unión Europea.

🔸 BARRIOS E RURAL
Barrios e parroquias con voz propia: UCIN Escoita, orzamentos participativos, mellora de pistas, saneamento, iluminación e transporte, apoio aos centros socioculturais, defensa do comercio local, máis servizos no rural e recuperación das parroquias para garantir un Santiago equilibrado e unido

🔸 DEPORTES
Máis deporte para todas e todos: mellora das instalacións municipais, apoio aos clubs e ao deporte base, programas gratuítos para infancia e maiores, deporte inclusivo, novas zonas deportivas ao aire libre, rutas seguras para camiñar e andar en bici, e impulso do deporte nos barrios e no rural.

🔸 TRANSPARENCIA E
PARTICIPACIÓN
Un Concello ao servizo da veciñanza: menos burocracia, máis transparencia, atención máis áxil, participación cidadá real, presenza nos barrios e parroquias, servizos máis próximos, mellor coordinación municipal, apoio ao tecido asociativo e control rigoroso dos recursos e contratos públicos.

🔸 CULTURA E IDENTIDADE
Máis cultura para Santiago: apoio ás asociacións culturais, programación estable todo o ano, impulso da música e do teatro local, recuperación das tradicións, actividades nos barrios e no rural, promoción do galego, espazos para a creación artística e defensa da identidade cultural e patrimonial compostelá.

🔸 ADMINISTRACIÓN
MUNICIPAL
Un Concello máis áxil e eficaz: menos burocracia, trámites máis rápidos, licenzas sen atrasos, atención cidadá de calidade, administración dixital moderna, pagos puntuais a autónomos e provedores, máis transparencia, mellor mantemento dos servizos públicos e un goberno próximo á veciñanza.

🔸 BENESTAR ANIMAL
• Xardín da Memoria Animal.
• Mellora do Refuxio de Bando cun modelo mixto público-privado.
• Axudas para esterilización de gatos en situación de rúa e reforzo do método CER.
• Casiñas para colonias felinas.
• Parques caninos dignos en todos os barrios e no rural.
• Máis espazos e servizos “pet friendly”, incluídos taxis e edificios municipais.
• Apoio ás protectoras e campañas contra o abandono.

🔸 INFANCIA E XUVENTUDE
Máis oportunidades para a infancia e a mocidade: campamentos gratuítos, parques renovados, actividades culturais e deportivas, apoio á saúde mental, transporte para estudantes, axudas ao alugueiro e ao material escolar, emprego xuvenil, espazos de ocio seguros e participación real nas decisións municipais.

🔸 FAMILIAS
• Campamentos municipais gratuítos de conciliación durante o Nadal, a Semana Santa e o verán.
• Recuperación de programas como NadalXogo e Ferradura Aberta nas tempadas de Nadal e verán.
• Creación dunha tarxeta municipal de descontos para familias.
• Bonificacións en actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello.
• Descontos no comercio local adherido á iniciativa.
• Acordos cos principais aparcadoiros da cidade para ofrecer tarifas reducidas os 365 días do ano.
• Medidas de apoio á conciliación familiar e laboral en Santiago de Compostela.

🔸 CEMITERIO BOISACA
• Mellora da accesibilidade no cemiterio de Boisaca.
• Colocación de bancos de pedra fixos por todo o recinto para facilitar o descanso das persoas maiores e con mobilidade reducida.
• Creación de zonas cubertas para protexer da choiva durante as visitas e cerimonias.
• Incorporación de vehículos tipo buggy para o traslado de persoas con mobilidade reducida dentro do recinto.
• Servizo dispoñible con cita previa e baixo reserva para garantir unha atención digna e accesible.

🔸 TURISMO
Un turismo que deixe riqueza, non problemas: CityCard SCQ con transporte e descontos, promoción dos barrios e museos, cultura todo o ano, turismo responsable, apoio á gastronomía local, impulso ao turismo relixioso e de congresos, observatorio turístico e accesibilidade universal con bancos, zonas cubertas e servizo de buggy para PMR.

🔸 PASAPORTE COMPOSTELÁN
Pasaporte Compostelán: un programa de intercambios educativos, culturais e deportivos para a mocidade de Santiago. Convenios con cidades europeas, aprendizaxe de idiomas, experiencias internacionais, bolsas para familias con menos recursos e novas oportunidades para estudantes, deportistas e asociacións xuvenís.
