Equipo

CANDIDATURA UCIN SANTIAGO 2027

Estas son as persoas que transformarán Santiago no 2027.
As persoas que devolverán á nosa cidade a ilusión, o orgullo e a forza que nunca debería ter perdido.

A cidade que merecedes.
Un Santiago que demostre de verdade que é a capital de Galicia.
Unha cidade limpa, segura, accesible e viva.
Unha cidade que escoite aos seus barrios e ao rural.
Unha cidade onde a veciñanza volva ser protagonista.

Un Santiago que non dependa de ninguén de arriba para facer o que necesita, porque serán os veciños e veciñas quen decidan o futuro dos seus proxectos.
Sen ordes impostas. Sen políticos afastados da realidade. Sen promesas baleiras.

Queremos unha cidade con oportunidades para a mocidade, coidada para as persoas maiores, inclusiva para todas as persoas e orgullosa do seu pequeno comercio, da súa hostalaría, da súa cultura e da súa identidade.

Un Concello que actúe.
Que resolva problemas.
Que pise a rúa.
Que dea a cara.

Chegou o momento dunha Compostela valente, moderna, humana e preparada para liderar Galicia desde a proximidade e o sentido común.

Porque Santiago merece máis.
E porque o cambio xa comezou.

DIEGO ADRIÁN MALLO

Candidato a Alcaldía 

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.