Blog de UCIN Santiago | Actualidade e propostas

365 días para a Veciñanza

Faltan 365 días para o gran cambio en Compostela.

O cambio ao centro.
O cambio de deixar os extremos ao lado e volver poñer a cidade onde realmente merece estar.

Uns pensando só nos seus intereses e en repartirse todo entre os de sempre.
Outros preocupados unicamente por gobernar, como xa fixeron anteriormente, chegando a ter 3 alcaldes en apenas 4 anos, sen carisma, sen rumbo e sen solucións reais para Santiago.

Sempre co mesmo discurso da confrontación.
Dando igual con quen.
Dando igual onde.
Dando igual o dano que se lle fai á cidade.

Faltan 365 días para convencer Compostela de que existe outra maneira de facer as cousas.

Un proxecto liderado por min, Diego Adrián Mallo, pero construído para toda a veciñanza compostelá.

Porque sinceramente creo que ningún dos meus contrarios ten as ganas que teño eu de volver ver unha Compostela alegre, viva, soñadora, limpa, segura e con ilusión de futuro.

Unha cidade que recupere o orgullo de ser capital de Galicia.

Unha Compostela que volva sorrir.
Que volva sentirse segura.
Que volva ter barrios vivos.
Que volva ter xente nova podendo vivir nela.
Que volva convivir cun turismo responsable que deixe riqueza na cidade.
Que volva escoitar á súa veciñanza antes de tomar grandes decisións.

Porque Santiago non necesita máis ruído político.

Necesita ilusión.
Necesita proximidade.
Necesita traballo.
Necesita orgullo.
Necesita futuro.

E eu vou deixarme a pel por esta cidade, igual que os nosos avós loitaron cada día para sacar as súas familias adiante e construír a Compostela que hoxe herdamos.

Agora tócanos a nós defendela.
Mellorala.
E devolvela á xente.

365 días.
O cambio xa comezou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este campo es obligatorio

Este campo es obligatorio

Este campo es obligatorio

Se ha producido un error al enviar tu mensaje. Por favor, inténtalo de nuevo.

Comprobación de seguridad

Código captcha inválido. Inténtalo de nuevo.

©Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados.

Information icon

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.